© Copyright 2021. Todos los derechos reservados MrWolfango
5
home,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-5,bridge-core-3.0.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode_grid_1300,side_area_uncovered_from_content,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-28.5,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.7.0,vc_responsive

Asociación Empresarial da Restauración, Aloxamento e Turismo de Compostela e Comarcas.

A NOSA MISIÓN

Defendemos os intereses profesionais, económicos e comerciais das persoas asociadas e somos unha canle de comunicación e representación colectiva ante organismos e entidades públicas e privadas.

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO

Informamos e asesoramos sobre normativas e subvencións e coordinamos e apoiamos as diferentes iniciativas que converten a hostalaría nun motor económico e sociocultural.

VANTAXES TANXIBLES

Materializamos acordos e convenios con empresas e institucións que reverten en beneficio das persoas asociadas e dos seus empregados e que dan soporte ás necesidades dos establecementos.

SEMENTANDO O FUTURO

Promocionamos a profesionalización e modernización do noso sector, fomentando a acción formativa e facilitando as ferramentas necesarias para a innovación.

Coñece a asociación

Hostalaria.gal é unha entidade sen ánimo de lucro que nace co obxectivo de apoiar e dar voz a un sector especialmente golpeado pola pandemia. O noso compromiso é traballar na defensa dos intereses da hostalaría. Tamén nos guía o propósito de manter informados de forma puntual e contrastada a empresarios e traballadores sobre as novidades que afectan ao sector. Queremos axudalos no día a día e tamén con visión de futuro, poñendo en marcha proxectos de promoción e modernización e actuando de interlocutores coas administracións. Comprometémonos a colaborar estreita e lealmente coas empresas asociadas, con máxima axilidade e eficiencia, aportando valor real ao intenso esforzo que fan os empresarios e os traballadores da hostalaría para satisfacer un mercado cada vez máis esixente.

O peso da hostalaría

As empresas hostaleiras facturaron no ano 2019, o último antes do impacto da Covid, un total de 5.103 millóns de euros, o que representa o 4,8% da riqueza xerada en Galicia. O sector contaba antes da pandemia con case 21.000 establecementos, dos que un 93% correspondía ao subsector de restauración, que daban emprego a máis de 67.000 persoas.

As fortalezas dunha tradición

A hostalaría é unha das riquezas de Galicia. Nos milleiros de establecementos que conforman o sector conflúen tradición, innovación e trato profesional e familiar. Os nosos hostaleiros son o complemento perfecto para que os produtos e as paisaxes alcancen a súa máxima dimensión e se convertan nunha experiencia inesquecible para os visitantes

Os nosos valores

A Asociación de Empresarios Hostalaria.gal é consciente da responsabilidade social adquirida, polo que se rexe coa máxima transparencia e espírito democrático. Somos unha asociación aberta a todo o sector que ofrece profesionalidade nos seus servizos, atención directa, confidencial e efectiva, e que se propón acadar a optimización de recursos.

Os Nosos Servizos

Xestionamos todos os servizos que poidan ser útiles para as persoas asociadas, tanto para consolidar a actividade dos negocios que xa están en funcionamento como para o emprendemento de novos proxectos.
Ofrecemos unha resposta áxil ás necesidades do sector para cubrir todo tipo de necesidades relacionadas cos eidos administrativo, xurídico, sanitario ou de comunicación, entre outros, dos nosos asociados.

XESTIÓN DE AXUDAS/SUBVENCIÓNS

ASESORAMENTO E TRAMITACIÓN ADMINISTRATIVA

CONVENIOS DE COLABORACIÓN

ASESORÍA EXTERNA XURÍDICA / LABORAL / FISCAL / SANITARIA

CURSOS DE FORMACIÓN

REPRESENTACIÓN E DEFENSA DOS ASOCIADOS

Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies