© Copyright 2021. Todos los derechos reservados MrWolfango
HOSTALARIA.GAL ACORDA CON IBERDROLA UNHA REBAIXA EN ELECTRICIDADE E GAS PARA OS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS
1006
post-template-default,single,single-post,postid-1006,single-format-standard,bridge-core-3.0.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,side_area_uncovered_from_content,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-28.5,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.7.0,vc_responsive
 

HOSTALARIA.GAL ACORDA CON IBERDROLA UNHA REBAIXA EN ELECTRICIDADE E GAS PARA OS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS

HOSTALARIA.GAL ACORDA CON IBERDROLA UNHA REBAIXA EN ELECTRICIDADE E GAS PARA OS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS

• A directiva considera moi necesarios estes convenios ante a “gravísima crise á que está sometido o sector sen que as administracións aporten ningún tipo de solución”

Lois Lopes e Manuel Fernández asinan o convenio na sede de HOSTALARIA.GAL

(Santiago, 24 de febreiro de 2022) Hostalaria.gal, a Asociación Empresarial da Restauración, Aloxamento e Turismo de Compostela e Comarcas, asinou un acordo de colaboración coa empresa enerxética Iberdrola que diminuirá a factura de electricidade e gas que pagan os establecementos que forman parte da asociación.
O presidente de Hostalaria.gal, Lois Lopes, e o xestor de vendas de Iberdrola Manuel Fernández Mariño firmaron un convenio polo que a compañía se compromete a realizar un 3% de desconto adicional exclusivo para asociados no termo de enerxía, a maiores da mellor oferta actualizada que teñan. Os asociados tamén disporán de asesoría enerxética integral, gratuíta e específica, que inclúe a realización de estudos de optimización e aforro baseados en históricos de consumo, estudo de viabilidade e aforro de instalación de placas fotovoltaicas e orzamento de instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos. Tamén se encargarán das novas altas e baixas de subministración de luz e gas, das subidas e baixadas de potencias e dos cambios de tarifa de acceso, así como da xestión de expedientes de enerxía (luz e gas) coa distribuidora. As consultas de facturación poderán realizarse a través de teléfono directo, WhatsApp ou correo electrónico e realizarán os cambios de titularidade de subministración ou pagamento, modificación de contas bancarias e fraccionamento de facturas (previa consulta á supervisión habendo xustificación). “Faise máis que necesario impulsar este tipo de acordos para intentar paliar a gravísima crise á que está sometido o sector sen que as administracións aporten ningún tipo de solución”, afirmou Lois Lopes.



Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies