© Copyright 2021. Todos los derechos reservados MrWolfango
HOSTALARIA.GAL, UNHA ASOCIACIÓN AMPLA E PLURAL, NACE PARA DEFENDER OS INTERESES DO SECTOR
1011
post-template-default,single,single-post,postid-1011,single-format-standard,bridge-core-3.0.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,side_area_uncovered_from_content,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-28.5,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.7.0,vc_responsive
 

HOSTALARIA.GAL, UNHA ASOCIACIÓN AMPLA E PLURAL, NACE PARA DEFENDER OS INTERESES DO SECTOR

HOSTALARIA.GAL, UNHA ASOCIACIÓN AMPLA E PLURAL, NACE PARA DEFENDER OS INTERESES DO SECTOR

  • O proxecto ten a vontade de liderar a unidade de acción e de que se sume o maior número de empresas
  • A vindeira semana iniciará unha rolda de contactos co conxunto das administracións
Seis dos integrantes da directiva de Hostalaria.gal, na presentación da Asociación ante os medios de comunicación.

(Santiago, 20 de xaneiro de 2022). Hostalaria.gal, a Asociación Empresarial da Restauración, Aloxamento e Turismo de Compostela e Comarcas, presentouse ante os medios de comunicación nunha rolda de prensa celebrada na sede da entidade.

A directiva, composta por 12 hostaleiros e hostaleiras e presidida por Lois Lopes, explicou que os seus obxectivos pasan por mellorar as condicións das empresas do sector e a vida das persoas que traballan nel, procurando ademais cubrir as carencias existentes desde o punto de vista asociativo e organizativo dentro da hostalaría.

A nova asociación pretende representar á inmensa maioría do sector, que son as empresas pequenas, medianas e familiares, as máis afectadas polas decisións tomadas a respecto da nosa actividade. “Queremos facernos oír e representar a parte que é inmensamente maioritaria no sector”, subliñou Lois Lopes.

Hostalaria.gal é unha asociación ampla e plural, xa que recolle os distintos segmentos do sector, aloxamento, turismo e restauración, coa particularidade engadida do lecer nocturno. Desde o punto de vista xeográfico, aínda que se trata dunha asociación de ámbito galego, cinguirase de momento a Santiago e as comarcas de influenza.

A nova entidade nace coa vontade de liderar unha máis que necesaria unidade de acción e emprende o camiño de sumar o maior número de empresas posible ao seu proxecto. Tamén se propón iniciar un diálogo con outras entidades do sector para marcar obxectivos comúns na defensa dos nosos intereses.

Nas próximas semanas presentaranse os obxectivos da nova asociación ao conxunto das administracións coa idea de artellar mecanismos de traballo conxunto que dean como resultado un diálogo fluído e a adopción de medidas equilibradas que concilien os diferentes intereses que haxa en cada momento.

“Nacemos con toda a humildade do mundo, o que non significa que non teñamos a ambición de conseguir os obxectivos que nos propoñemos”, indicou o presidente de Hostalaria.gal, Lois Lopes, na rolda de prensa.



Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies