21 Mar HOSTALARIA.GAL E XESTORÍA FISELA PECHAN UN CONVENIO QUE OFRECERÁ CONDICIÓNS ESPECIAIS PARA AS PERSOAS ASOCIADAS
Hostalaria.gal, a asociación da Restauración, Turismo e Aloxamento de Compostela e Comarcas, pechou un convenio de colaboración con Asesoría Fisela, unha empresa avalada por unha traxectoria de máis de 40 anos que abarca, na súa integridade, as áreas socio-laboral, xurídica, fiscal e contable.
As persoas asociadas de Hostalaria.gal terán acceso a asesoramento en condicións vantaxosas con Fisela, que conta cun bufete de avogados expertos en materia laboral. Ademais, o seu departamento fiscal examinará e buscará os mellores criterios no eido contable e fiscal para cada negocio asociado a Hostalaria.gal
Máis información en https://hostalaria.gal/fisela