© Copyright 2021. Todos los derechos reservados MrWolfango
MANIFESTO DE APOIO AO PECHE: a HOSTALARÍA GALEGA, AO LÍMITE
1079
post-template-default,single,single-post,postid-1079,single-format-standard,bridge-core-3.0.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,side_area_uncovered_from_content,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-28.5,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.7.0,vc_responsive
 

MANIFESTO DE APOIO AO PECHE: a HOSTALARÍA GALEGA, AO LÍMITE

MANIFESTO DE APOIO AO PECHE: a HOSTALARÍA GALEGA, AO LÍMITE

Directivos de Hostalaria.gal durante a rolda de prensa na que se anunciou o peche.

A actual situación na que se atopa o sector hostaleiro é de extrema gravidade.Despois de dous anos de pandemia, tempo no que o sector sufriu as consecuencias constantes dunhas restricións inxustificadas que afectaron negativamente á economía das nosas empresas, atopámonos cun novo elemento devastador desde o mes de xuño de 2021: un incremento desproporcionado e inxustificado dos prezos da enerxía, en moitos casos triplicado.Hoxe en día, o sector pasou dunha falta de liquidez a unha falta de solvencia, o paso anterior á quebra definitiva, o cal provoca a destrución de ducias de empresas e de centos de postos de traballo todos os meses.

O incremento dos prezos da enerxía e do combustible, que derivan nunha suba proporcional do custo das materias primas, poñen ao sector nunha situación límite, tendo que, necesariamente, repercutir estes importes no prezo final dos produtos que ofrecemos, para intentar manter un equilibrio económico entre gastos e ingresos que permita a continuidade dos nosos negocios e dos postos de traballo que xeramos. Esta consecuencia provoca inevitablemente unha baixada do consumo, ao haber unha perda de poder adquisitivo moi grande nas economías familiares, provocado polo aumento da enerxía e os combustibles.

Así, mostramos a nosa comprensión e solidariedade cos sectores da produción e da distribución, que irremediablemente teñen que repercutir estes custos no prezo final da materia prima que empregamos para a nosa actividade. A falta de medidas urxentes por parte das administracións, que regulen o mercado enerxético, lévanos a unha situación límite. Por todo isto, reclamamos unha SOLUCIÓN URXENTE por parte das administracións, e vémonos na obriga de convocar un peche que reflicta a desconformidade do sector: o luns, día 28 de marzo, a hostalaría galega permanecerá pechada.

CONVOCA: Hostalaria.gal

APOIAN: Plataforma en defensa da hostalaría galega · Asociación de Hostelería de Padrón · Noia en Marcha · Sos Hostelería Betanzos · ShOS Hostelería Coruña · H.A.F. (Hostaleiros e Autónomos de Ferrolterra) · Hostalaría de Oroso · Hostaleiros de Santa Comba · Cohempo- Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses · Hostelería de Vimianzo ·Asociación de Hostelería de Riveira · Hoempo (Asociación de Hosteleros de Pontevedra, Poio y Marín) · Ahituvi Turismo Y Hostelería (Hostelería y Turismo de Vilagarcía) · Hosteleria de A Estrada – ACOE · AHROU (Asociación de Hostalaría e Restauración Ourensá) · Asociación de Hostelería do Deza · Lugo Monumental (Asociación de Empresarios Lugo Monumental) · Asociacion de hostaleiros e comerciantes Beiras de Viveiro · Xuntanza de Empresarios de Ames · Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes



Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies