© Copyright 2021. Todos los derechos reservados MrWolfango
Hostalaria.gal analiza co alcalde de Santiago a delicada situación que vive o sector
1109
post-template-default,single,single-post,postid-1109,single-format-standard,bridge-core-3.0.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,side_area_uncovered_from_content,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-28.5,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.7.0,vc_responsive
 

Hostalaria.gal analiza co alcalde de Santiago a delicada situación que vive o sector

Hostalaria.gal analiza co alcalde de Santiago a delicada situación que vive o sector

O rexidor, Sánchez Bugallo, e o edil de Turismo, Sindo Guinarte, cos directivos e o xerente de Hostalaria.gal.

A directiva de Hostalaria.gal, a Asociación Empresarial da Restauración, Aloxamento e Turismo de Compostela e Comarcas, foi recibida polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, no Pazo de Raxoi. O presidente de Hostalaria.gal, Lois Lopes, a vicepresidenta de Restauración, Maica Couto, e o xerente, Julio Negueruela, presentáronlle o proxecto da nova asociación aos representantes do Concello e acordaron manter un diálogo fluído para dar unha resposta eficaz ás diferentes necesidades das persoas asociadas.

Na reunión tratouse unha posible ampliación do horario das terrazas na Semana Santa e tamén se acordou colaborar nas actividades sociais e culturais da cidade a través de iniciativas propias de dinamización do sector. Ademais, falouse da necesidade de reeditar as liñas de axuda ao sector. Desde Hostalaria.gal fíxose unha valoración positiva do programa “Bonos Corazón” e pediuse a súa continuidade.



Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies