06 Abr hostalaria.gal transmítelle as inquedanzas do sector ao bng

A directiva de Hostalaria.gal mantivo un encontro coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que se interesou pola delicada situación que está atravesando o sector. A líder da oposición no Parlamento de Galicia trasladou o seu apoio ás demandas dos hostaleiros, que convocaron un peche en defensa das empresas e dos postos de traballo e contra a suba dos prezos da enerxía, o combustible e as materias primas esenciais.