07 Abr HOSTALARIA.GAL ANALIZA CO PP DE SANTIAGO AS DIFICULTADES polas QUE ATRAVESA O SECTOR

Unha representación da xunta directiva de Hostalaria.gal foi recibida no Pazo de Raxoi polo presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, e polo portavoz municipal dos populares, Alejandro Sánchez-Brunete. O presidente da asociación empresarial, Lois Lopes, estivo acompañado polo vicepresidente de restauración nocturna, Sergio Fernández, e polo xerente, Julio Negueruela, nunha reunión na que se analizou a delicada situación que atravesa o sector e acordouse manter abertas as vías de comunicación.