08 Abr RESOLUCIÓN FAVORABLE SOBRE o horario dAS TERRAZAS TRALA SOLICITUDE DE HOSTALARIA.GAL
O Concello de Santiago atendeu a petición realizada por Hostalaria.gal e concedeu permiso para ampliar unha hora o funcionamento das terrazas entre os días 9 e 17 de abril de 2022, co gallo das festas da Semana Santa. O horario de peche será ás 00:30 horas da madrugada entre semana e ás 01:30 horas da madrugada o sábado, domingo e días festivos durante esas datas.