18 Abr reunión de hostalaria.gal co bng de santiago para analizar as dificultades do sector
Dentro da rolda de visitas institucionais que se puxo en marcha de xeito inmediato á constitución de Hostalaria.gal, unha representación da directiva de mantivo nesta ocasión unha reunión coa portavoz municipal do BNG de Santiago, Goretti Sanmartín Rei. No encontro, ao que asistiron o presidente da asociación empresarial, Lois Lopes, e o xerente, Julio Negueruela, analizáronse as dificultades polas que atravesa o sector.
O BNG compostelán púxose ao dispor de Hostalaria.gal, que será tamén interlocutora para o impulso de iniciativas relacionadas coa hostalaría e o turismo.