22 Abr o grupo municipal de compostela aberta recibe á directiva de hostalaria.gal
A directiva de Hostalaria.gal foi recibida polo grupo municipal de Compostela Aberta dentro da rolda de encontros institucionais que se veñen mantendo desde a constitución desta asociación empresarial. Lois Lopes e Maica Couto analizaron cos seus interlocutores a situación que vive o sector, así como as expectativas que se presentan e acordaron manter activadas as canles de comunicación e colaboración.