25 Abr HOSTALARIA.GAL REPASA AS INQUEDANZAS DO SECTOR COA DIRECTORA DE TURISMO DE GALICIA, NAVA CASTRO
Unha representación da directiva de Hostalaria.gal reuniuse hoxe coa directora de Turismo Galicia, Nava Castro, por delegación da Presidencia e da Vicepresidencia primeira da Xunta de Galicia. Lois Lopes, Noelia Rodríguez, Sergio Fernández e Julio Negueruela puideron intercambiar impresións sobre diversos asuntos coa representante do goberno galego. Acordouse manter unha comunicación áxil para buscar solucións ás dificultades que soporta este sector fundamental para a economía.