01 Jun Hostalaria.gal anima a participar na tradicional degustación de polbo con motivo das Festas da Ascensión
A xunta directiva da asociación empresarial Hostalaria.gal fai unha invitación a participar, no día da Ascensión, nunha das tradicións gastronómicas máis sinaladas, a degustación de polbo. Con este motivo, unha representación da xunta directiva visitará un dos locais asociados, o restaurante Sant Yago, situado no número 12 da rúa da Raíña, ás 13.00 horas do xoves 26 de maio. Hostalaria.gal anímavos a participar e a gozar destes días de celebración. Música, entretemento, polbo e os mellores establecementos de restauración, ocio e aloxamento de Galicia están á disposición dos veciños e veciñas de Santiago e dos milleiros de visitantes.