01 Jun terrazas e actividades de dinamización, entre os asuntos tratados na visita ao concello de ames
Unha representación da asociación de empresarios Hostalaria.gal mantivo hoxe un encontro co alcalde de Ames, Blas García, e os tenentes de alcalde Ana Belén Paz García (comercio, innovación e emprego) e Víctor Manuel Fernández Prieto (administración xeral, persoal, seguridade cidadá e participación veciñal).O presidente de Hostalaria.gal, Lois Lopes, o vogal de aloxamento e turismo, Luis Vázquez, e o xerente, Julio Negueruela, presentaron o proxecto da asociación e trataron co rexedor e os edís asuntos de interese como as terrazas e a organización de actividades de dinamización económica e cultural.