14 Jun ENCONTRO CO BNG E CONTIGO PODEMOS DE AMES PARA ESTUDAR UN PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN LÚDICA E CULTURAL
A directiva de Hostalaria.gal mantivo sendas reunións cos representantes do BNG e de Contigo Podemos Ames, que forman parte do grupo de goberno do Concello de Ames.
Este encontro, ao que asistiron por parte da asociación o seu presidente, Lois Lopes, o directivo Luis Vázquez e o xerente, Julio Negueruela, prolongou a rolda de presentacións oficiais ás institucións.
Ademais, acordouse que Hostalaria.gal e as concellerías de Cultura e Mocidade estuden unha proposta de colaboración para poñer en marcha un programa de actividades destinado á dinamización cultural, lúdica e hostaleira de Ames.