16 Jun hostalaria.gal presenta o seu proxecto no concello de teo

A directiva de Hostalaria.gal mantivo un encontro co alcalde de Teo, Rafael Sixto, dentro da rolda de visitas que está realizando para presentar o proxecto desta asociación de empresarios ante as institucións.
Na reunión acordouse manter un contacto fluído e unha colaboración que frutifique en propostas de dinamización cultural e lúdica. A asociación levará a Teo a campaña de captación de asociados e contempla facer unha reunión coa hostalaría teense para explicar polo miúdo as vantaxes de sumarse ao colectivo.