17 Jun hostalaria.gal acada un acordo para establecer os horarios da ordenanza de terrazas de ames
Hostalaria.gal vén de acadar un acordo polo que se establecen os horarios da nova ordenanza de terrazas do Concello de Ames, que proximamente será levada a pleno para a súa aprobación.
Trátase dunha medida na que tanto o sector como as distintas áreas da administración local que teñen participación nesta ordenanza levaban tempo traballando.
Asistiron á reunión na que se pechou o acordo o alcalde, Blas García, os tenentes de alcalde Ana Belén Paz e Víctor Manuel Fernández Prieto, o presidente de Hostalaria.gal, Lois Lopes, e representantes da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).
Ademais, o Concello e as asociacións amosaron a vontade de traballar da man para a organización de distintas actividades de dinamización cultural e económica.