© Copyright 2021. Todos los derechos reservados MrWolfango
HOSTALARIA.GAL ANIMA A PARTICIPAR NOS PREMIOS “LINGUA E EMPRESA” DO CONCELLO DE AMES
1194
post-template-default,single,single-post,postid-1194,single-format-standard,bridge-core-3.0.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,side_area_uncovered_from_content,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-28.5,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.7.0,vc_responsive
 

HOSTALARIA.GAL ANIMA A PARTICIPAR NOS PREMIOS “LINGUA E EMPRESA” DO CONCELLO DE AMES

HOSTALARIA.GAL ANIMA A PARTICIPAR NOS PREMIOS “LINGUA E EMPRESA” DO CONCELLO DE AMES

De esquerda a dereita, Lois Lopes, presidente de hostalaria.gal; Escarlata Pampín, concelleira de Mocidade e Normalización; Rosa Moreiras, normalizadora lingüística, e Jorge López, presidente de Xuntanza de Empresarios de Ames.

A quinta edición dos premios “Lingua e Empresa” que organiza o Concello de Ames, a través da Concellería de Mocidade e Normalización Lingüística, xa busca ganador. Esta iniciativa dirixida a empresas que teñan a súa sede social ou un centro de actividade en Ames pretende promover o uso do galego na actividade económica e empresarial. Os premios tamén foron ideados para recoñecer publicamente a contribución ao aumento e á mellora do uso social do galego desde este sector.

A presentación de candidaturas poderá realizarse a través de correo electrónico (normalizacion@concellodeames.gal) ou da sede electrónica do Concello de Ames https://sede.concellodeames.gal/GDCarpetaCiudadano/welcome.do

O premio ten unha dotación económica de 3.000 €, dividido en dúas categorías de 1.500 euros cada unha delas, máis unha campaña de difusión na Radio Municipal de Ames. Unha categoría inclúe a aquelas empresas que realizan un uso estable e continuado da lingua galega desde hai máis de dous anos e, a outra, distinguirá a empresas que se crearon nos últimos dous anos ou que incorporaron o galego á súa actividade nese mesmo período (desde o 1-10-2020).

O prazo de presentación remata o 18 de novembro ás 14.00 horas. Para participar só é necesario cubrir e asinar a ficha e achegar canda ela a documentación ou as ligazóns que se requiren en cada apartado. Para resolver calquera dúbida ou aclaración pódese contactar co Servizo de Normalización Lingüística a través do teléfono 662 377 215 ou do correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal

O presidente de Hostalaria.gal, Lois Lopes, agradeceu a invitación a participar nesta iniciativa e animou aos establecementos asociados a concorrer. “Aínda que nós representamos a un sector no que o idioma se emprega con moita normalidade, si é certo que falta moito traballo por facer e, en concreto no formato escrito, hai que avanzar. Para iso serven estas campañas de concienciación que estamos seguros que van dar resultado e por iso facemos un chamamento aos nosos asociados, e ao conxunto da hostalaría, para que participen nuns premios de gran importancia para a normalización do idioma”, indicou.



Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies