© Copyright 2021. Todos los derechos reservados MrWolfango
ACORDO ENTRE HOSTALARIA.GAL E MR.WOLFANGO PARA IMPULSAR A DIXITALIZACIÓN DOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS
1235
post-template-default,single,single-post,postid-1235,single-format-standard,bridge-core-3.0.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,side_area_uncovered_from_content,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-28.5,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.7.0,vc_responsive
 

ACORDO ENTRE HOSTALARIA.GAL E MR.WOLFANGO PARA IMPULSAR A DIXITALIZACIÓN DOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS

ACORDO ENTRE HOSTALARIA.GAL E MR.WOLFANGO PARA IMPULSAR A DIXITALIZACIÓN DOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS

Lois Lopes (c.), presidente de Hostalaria.gal, con Marcelo Rajoy (e.) e Marcos Cardero (d.), de Mr.Wolfango

A Asociación de Empresarios da Restauración, Aloxamento e Turismo de Compostela e Comarcas Hostalaria.gal e a empresa de márketing dixital Mr. Wolfango poñen en marcha unha campaña de dixitalización da hostalaría que lles ofrece todo tipo de solucións dixitais aos establecementos asociados.

O noso socio tecnolóxico (https://hostalaria.gal/mr-wolfango) encargarase da confección e mantemento da páxina web e tamén ofrece a posibilidade de levar a xestión profesional de redes sociais e reseñas, das estratexias de márketing dixital ou do deseño gráfico das diferentes necesidades do negocio.

A web conta cun deseño premium e inclúe a opción de menú actualizado, a xestión de reservas, vencellos ás redes sociais e perfil de google ao día.

Deste xeito, as persoas asociadas dispoñen da oportunidade de contar cunha páxina profesional polo incrible prezo de 795 euros.

Para obter máis información con exemplos de web pódese premer na ligazón: mrwolfango.ac-page.com/landing_hostalaria

As persoas interesadas poden contactar con Mr. Wolfango no teléfono 722252155 (Marcelo) ou no correo electrónico info@mrwolfango.com



Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies