© Copyright 2021. Todos los derechos reservados MrWolfango
HOSTALARIA.GAL PIDE QUE OS RECURSOS QUE XENERE O IMPOSTO TURÍSTICO REVERTAN NO SECTOR
1251
post-template-default,single,single-post,postid-1251,single-format-standard,bridge-core-3.0.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,side_area_uncovered_from_content,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-28.5,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.7.0,vc_responsive
 

HOSTALARIA.GAL PIDE QUE OS RECURSOS QUE XENERE O IMPOSTO TURÍSTICO REVERTAN NO SECTOR

HOSTALARIA.GAL PIDE QUE OS RECURSOS QUE XENERE O IMPOSTO TURÍSTICO REVERTAN NO SECTOR

Asistentes á reunión informativa sobre o imposto turístico celebrada esta mañá no Pazo de Raxoi.

Hostalaria.gal apoiou a creación dun imposto turístico na reunión informativa celebrada hoxe no Concello de Santiago coa presenza do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Turismo, Gumersindo Guinarte, e representantes de Unión Hotelera Compostela e Hostelería Compostela.

A asociación empresarial presidida por Lois Lopes puxo de manifesto nesta reunión na que se deu a coñecer o informe “Unha taxa para un turismo máis sostible”, elaborado polo catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da USC, César García Novoa, que este imposto debe ter un carácter finalista para que os recursos xerados revertan no conxunto da sociedade e, en particular, no sector da restauración, aloxamento e turismo.

Desde Hostalaria.gal considérase necesaria a creación dun ente, cunha composición plural da sociedade, que instrumentalice o financiamento de actuacións específicas para favorecer un turismo sostible, responsable e de calidade.

Este financiamento debe compensar ao conxunto da sociedade polo custo medioambiental e social derivado do exercicio da actividade turística e, ao respecto, presentou unha listaxe de actuacións:

a. Protección, preservación, modernización e recuperación do medio

natural, rural e agrario.

b. Fomento da “desestacionalización”, creación e activación de produtos turísticos practicables en tempada baixa e promoción de turismo sostible durante a mesma.

c. Recuperación e conservación do Patrimonio histórico e cultural.

d. Impulso de proxectos de investigación científica, xunto coa USC, que contribúan á diversificación económica.

e. Mellora de formación e calidade do emprego. Fomento da ocupación en tempada baixa que promova o mantemento de equipos de traballo con carácter estable.

f. Actuacións en política de vivenda destinadas a fomentar o acceso á

mesma na cidade, con especial atención ás persoas traballadoras do sector.

g. Dotar e mellorar de infraestruturas e servizos básicos (rede de saneamento, abastecemento, transporte..) para atender a esa maior demanda existente en épocas altas e cos que se vexan beneficiados o conxunto da cidadanía.

h. Actuacións en conservación e recuperación de patrimonio.

Hostalaria.gal propón que a tarifa que se aplique sexa escalada, por día ou fracción, e que non penalice en exceso ao tipo de visitante con máis poder adquisitivo, por ser o obxectivo do turismo sostible, responsable e de calidade.

Esta asociación empresarial considera esencial incluír no imposto ao turismo de excursións, polo alto impacto que causa na contorna da Catedral no pouco tempo que permanece na cidade e polo escaso rendemento económico que produce.

Por último, Hostalaria.gal apoia a bonificación deste imposto durante a temporada baixa.



Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies