21 Feb HOSTALARIA.GAL APOIA A CELEBRACIÓN DA SEMANA ROSALÍA
A Asociación Empresarial Hostalaria.gal súmase aos actos de conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro promovidos pola Asociación de Veciños Raigame, do Ensanche, en colaboración coa Fundación Rosalía. O día 23 de febreiro os locais de hostalaría ofrecerán o Caldo de Gloria nas súas cartas, ou de petisco, para os seus clientes. Ademais, será opcional servir este prato entre os días 21 e 27, coincidindo coa Semana de Rosalía. Os establecementos que se adheriron a esta iniciativa tamén regalarán «pousavasos» e «portatickets» deseñados para a ocasión.
No acto de presentación, o presidente de Hostalaria.gal, Lois Lopes, agradeceu a iniciativa da asociación de veciños Raigame co apoio da Fundación Rosalía e o concello de Santiago. «Parabenizarnos tanto comerciantes coma hostaleiros polo interese e apoio que demostraron en dignificar e difundir o pensamento e obra da nosa poetisa nacional», sinalou Lopes. «Confiamos en que esta iniciativa poida ser mantida e ampliada ao longo dos anos e consigamos facer unha auténtica celebración da obra e pensamento de Rosalía», engadiu ante os representantes das institucións e colectivos que promoven estes actos.
ESTABLECEMENTOS QUE SE SUMAN DESDE HOSTALARIA.GAL:
A NAVE DE VIDÁN · A TABERNA DO ENSANCHE · BAR A DA CHARA · BAR CAIMÁN · FLAMINGO COMPOSTELA · BAR RIAL · BICOCA COMPOSTELA · CAFÉ BAR RAICES GALEGAS · CAFETAPERÍA PLAZA · CAFÉ-PUB AGARIMO · CAFETERÍA ARENAL · CAFETERÍA ESTUDIO 34 · CAFETERÍA LA PLANTA · CAFETERÍA LUPE’S Coffee & Beer · CAFETERÍA ROSALEDA · CASA PEPE · CERVECERÍA MILONGAS · CERVEXARÍA MERLEGO · CERVEXERÍA DA AVOA · FUCO’S TAPERÍA · LACARPANTA SCQ · MERCADO BONAERGES · MESÓN 42 · O BALCÓN DAS BRAÑAS · PEPE PAYÁ · PUB SÉCULO IX · PULPERÍA O PIORNO · RESTAURANTE A OSTRERÍA · RESTAURANTE AMOADO · RESTAURANTE CENTRAL · RESTAURANTE FREBAS · RESTAURANTE MARÍA CASTAÑA · RESTAURANTE O PIORNO · RESTAURANTE PAZ NOGUEIRA · RESTAURANTE SAN JAIME · VIÑOTECA VENTOSELA