© Copyright 2021. Todos los derechos reservados MrWolfango
hostalaria.gal asina un convenio de colaboración coa empresa iaso
994
post-template-default,single,single-post,postid-994,single-format-standard,bridge-core-3.0.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,side_area_uncovered_from_content,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-28.5,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.7.0,vc_responsive
 

hostalaria.gal asina un convenio de colaboración coa empresa iaso

hostalaria.gal asina un convenio de colaboración coa empresa iaso

• O convenio suporá un aforro de ata o 25 % no prezo do proxecto de terraza

• A empresa ten a patente dun sistema que reduce o ruído en exteriores

(Santiago, 28 de febreiro de 2022) Hostalaria.gal, a Asociación Empresarial da Restauración, Aloxamento e Turismo de Compostela e Comarcas, vén de firmar un acordo coa empresa IASO, fabricante de toldos, parasois e especializada en arquitectura téxtil de vangarda. Con este convenio firmado por Lois Lopes, presidente de Hostalaria.gal, e o delegado en Galicia de IASO, Aitor Romero, todas as persoas asociadas á entidade poderán acceder a descontos de ata un 25 % no proxecto de terraza dos seus establecementos.

Á esquerda, Aitor Romero, Delegado en Galicia de IASO. Á dereita, Lois Lopes, Presidente de Hostalaria.gal

IASO, un fabricante de ámbito nacional e internacional que exporta a máis de 40 países, dá solucións integrais ás necesidades que se poidan presentar no proxecto da terraza dun establecemento, dende a instalación dun toldo a parasois de gran formato, pérgolas de todo tipo e pavillóns, velas de sombra, módulos “parking”, biombos paraventos, cerramentos ou teitos de cristal, cortinas de interior e exterior, calefacción ou iluminación led exterior. A empresa IASO, que ten participado nos proxectos de construción de grandes estadios e edificios icónicos da arquitectura civil (Terminal 4 do Aeroporto de Madrid, Estación de Luxemburgo, Universidade de Aveiro, Zenit Arena, San Mamés, Allianz Riviera de Niza, entre outros) patentou un tecido para toldos, pérgolas ou carpas denominado “Absorbrella” que reduce o ruído en terrazas. Este tecido absorbe o 100 % do rebumbio e diminúe en catro decibeis o nivel que chega a un primeiro piso. IASO quere vendelo a gran escala e tamén a concellos interesados en reducir a contaminación acústica.

Este acordo de colaboración súmase aos xa existentes con outras empresas referentes en diversos sectores, que poden ser consultados na nosa web www.hostalaria.gal, e que terán continuidade proximamente co obxectivo de que as persoas asociadas conten coas maiores vantaxes por formar parte de Hostalaria.gal



Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies