Somos unha clínica polivalente con distintas especialidades médicas, fisioterapia xeral e centro auditivo. Ofrecemos os tratamentos de rehabilitación máis avanzados e os maiores índices de eficacia grazas á dedicación personalizada e a formación continuada do noso persoal.
En Clínica Centro contamos con profesionais especializados en fisioterapia, pilates, osteopatía, reumatoloxía, traumatoloxía e acupuntura, entre outros servizos.
Os nosos fisioterapeutas están especializados en diversas disciplinas, diagnostican e tratan todo tipo de afeccións de orixe músculo-esquelético ou lesión susceptible de tratamento físico. Tamén dispoñemos dun equipo altamente especializado nas diversas disciplinas do método pilates, todos fisioterapeutas titulados, e temos unha dilatada experiencia e resultados moi positivos en pilates para embarazadas.
O horario comercial é, de luns a venres, de 9.00 a 22.30 horas.
Rúa A Rosa, n.º 22; 15701, Santiago de Compostela
Rita
info@clinica-centro.com