Parkia é unha das empresas líder en aparcadoiros públicos, con máis de 70 espazos deste tipo en España e Andorra. Con sede en Madrid, é propiedade do fondo australiano First Sentier Investors desde 2016 e conta con máis de 7 millóns de clientes e un equipo formado por 168 empregados.
Contamos cunha capacidade de máis de 37.000 prazas de aparcamento, con actividade as 24 horas do día, os 365 días do ano.
Ofrecemos aos nosos clientes a mellor proposta de valor, incorporando novas tecnoloxías nas nosas instalacións, que melloren a súa experiencia como usuario.
Buscamos a diversificación da nosa gama de produtos e servizos, para satisfacer as súas persoais necesidades de estacionamento.
Queremos tamén incrementar a nosa presenza en España participando activamente no sector da mobilidade sostible urbana.
En Santiago, os clientes de Hostalaria.gal teñen á súa disposición os estacionamentos de San Clemente (Avenida Rodrigo de Padrón s/n), o Hórreo (Rúa Ramón Piñeiro s/n) e San Caetano (Rúa do Tomiño s/n).
C/ Ombú 3 Pl.10 Dcha. 28045 Madrid.
Sergio Torío
sergio.torio@parkia.es