Previsonor é un Servizo de Prevención de Riscos Laborais constituido en 1999 con capital integramente galego, que nace como resposta á obriga das empresas de cumprir co disposto na Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e o Real Decreto 39/97 polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención.
Previsonor experimentou un importante crecemento incorporando novos servizos, modernizando as súas instalacións e investindo en capital humano para satisfacer as necesidades crecentes do mercado en materia de prevención de riscos laborais.
Máis de 6.000 clientes avalan os nosos servizos e traballadores, máis de 50 profesionais, un equipo humano multidisciplinar (químicos, médicos, enxeñeiros, dirección e administración de empresas,…) altamente cualificado e con experiencia dilatada no desenvolvemento das súas áreas de traballo.
Son profesionais que se caracterizan polo compromiso, a seriedade e a orientación continua para satisfacer as necesidades dos nosos clientes, características que constitúen unha das principais claves do éxito da nosa empresa.
Prevención de riscos laborais: Seguridade, hixiene, ergonomía, psicosocioloxía.
Vixilancia da saúde: Medicina do traballo, exámenes de saúde, empresa saudable.
Contrato autónomo: Análise de riscos, recoñecemento médico, formación, asesoramento.
Enxeñería e consultoría: CAE, CSS, plans de autoprotección, ISO 45.001…
Test covid: test rápido de antíxenos e PCR
Avenida de Lugo, 145, bajo. 15703, Santiago de Compostela
Iván Dobarro
info@grupoisonor.es
981 062 590 / 902 202 145