Que servizos ofrecemos?
Xestionamos todos os servizos que poidan ser útiles para as persoas asociadas, tanto para consolidar a actividade dos negocios que xa están en funcionamento como para o emprendemento de novos proxectos.
Ofrecemos unha resposta áxil ás necesidades do sector para cubrir todo tipo de necesidades relacionadas cos eidos administrativo, xurídico, sanitario ou de comunicación, entre outros, dos nosos asociados.
XESTIÓN DE AXUDAS/SUBVENCIÓNS
Informamos ás persoas asociadas das subvencións que ofrecen as distintas administracións públicas ou entidades privadas e encargámonos da súa tramitación, seguimento e xustificación de xeito eficaz e profesional.
ASESORAMENTO E TRAMITACIÓN ADMINISTRATIVA
Apoiamos ás persoas asociadas nos diversos trámites a realizar, desde licenzas, elaboración de listas de prezos, solicitude de libros de visitas, carteis identificativos… así como todo tipo de xestións administrativas.
Desenvolvemos actividades formativas orientadas a que empresarios, traballadores en activo e desempregados adquiran ou perfeccionen as competencias profesionais necesarias para desempeñar optimamente as actividades relacionadas co sector.
A nosa entidade colaboradora, Asesoría Fisela, atende con condicións especiais para os asociados de Hostalaria.gal todas as demandas vencelladas aos ámbitos laboral, fiscal, contable e xurídico-laboral.
REPRESENTACIÓN E DEFENSA DOS ASOCIADOS
Somos a canle de representación do colectivo ante as distintas administracións públicas e organismos privados. O obxectivo primordial é coidar, protexer e loitar polos intereses dun sector particularmente golpeado pola pandemia e contribuir á súa imprescindible dignificación.