Aquí podes obter máis información da asociación Hostalaria.gal e os seus valores.
HOSTALARIA.gal basea a súa existencia en tres principios fundamentais: representar, asistir e protexer ás persoas empresarias hostaleiras, cubrindo as diferentes necesidades do sector nunha área de actuación principal situada en Santiago de Compostela e as súas comarcas.
Como entidade de representación e defensa dos lexítimos intereses das persoas asociadas, así como do desenvolvemento da actividade hostaleira (restauración, aloxamento e turismo), a nosa Asociación leva a cabo diferentes funcións para materializar os nosos obxectivos esenciais, entre as que se atopan as seguintes:
- Defender os intereses profesionais, económicos, tecnolóxicos e comerciais das persoas asociadas.
- Promover as boas relacións entre traballadores e empresa a través da cooperación.
- Ser a canle de comunicación e representación colectiva dos asociados ante todo tipo de persoas, organismos ou entidades, sexan públicas ou privadas.
- Coordinar, apoiar e dirixir as diferentes iniciativas.
- Promover o bo facer do empresario e profesional hostaleiro no seu conxunto, evitando competencias desleais, garantindo os principios de calidade e fomentando as boas relacións entre as diferentes persoas asociadas.
- Protexer o noso excelente patrimonio hostaleiro en toda a súa diversidade e fomentalo.
- Materializar acordos e convenios con diferentes entidades, tanto públicas coma privadas, que deriven no beneficio das persoas asociadas e dos seus empregados.
- Promocionar a profesionalización e modernización do noso sector, fomentando a acción formativa e facilitando as ferramentas necesarias para a innovación.
- Des-estigmatizar a profesión hostaleira e promover a posta en valor dos nosos servizos no conxunto da sociedade.