EXPERIENCIA CON NOVAS ENERXÍAS
A Asociación Hostalaria.gal constituíuse o 30 de decembro de 2021 impulsada por 12 profesionais con amplo coñecemento e experiencia empresarial, despois de constatar, tras numerosas xuntanzas mantidas con outros representantes do sector, a necesidade de artellar unha nova ferramenta para a firme defensa do colectivo.
En Hostalaria.gal están representados, a través de tres vicepresidencias e os respectivos vogais, os subsectores da restauración, a restauración nocturna e o aloxamento e turismo, co obxectivo de abranguer as diferentes inquedanzas e velar polo conxunto dos intereses.