05 Jun HOSTALARÍA COMPOSTELÁ SOSTIBLE
A Asociación Empresarial da Restauración, Aloxamento e Turismo de Compostela e Comarcas Hostalaria.gal pon en marcha, coa colaboración co Concello de Santiago, unha campaña para incentivar a sostibilidade nos establecementos hostaleiros da cidade.
Esta iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Sostibilidade Turística da cidade, que conta cos fondos do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia.
No marco desta campaña realizaranse multitude de visitas aos establecementos hostaleiros de Santiago de Compostela co obxectivo de incentivar a sensibilización e potenciar a implantación de medidas sostibles, aportándolles diferentes ferramentas que posibiliten ou melloren o desenvolvemento das súas actividades.
Ademais, están programadas as seguintes accións formativas telemáticas, emitidas en directo a través da nosa canle de YouTube (@HOSTALARIA):
Mércores 7 de xuño, ás 11.00h: “Produto local para unha economía circular”, por Carme Freire Cruces (Formadora ecolóxica, exsecretaria xeral do Sindicato Labrego Galego) e André Arzúa Tizón (chef, hostaleiro, formador e director do Centro de Formación ESPAZO ABELLA).
Luns 12 de xuño, ás 18.00h: “Xestión de residuos”, por Manuel Soto Castiñeira (Catedrático de Enxeñería Química na Universidade da Coruña, Vogal de Residuos da Asociación ADEGA, ex presidente de ADEGA).
Martes 13 de xuño, ás 11.00h: “Eficiencia Enerxética”, por Fernando Coutado Vila (Enxeñeiro Industrial Superior, especialidade en enerxía; responsable do Departamento de Enxeñería de Empresa en ESEDEGAL).
Martes 20 de xuño, ás 18.00h: “Dixitalización”, por Diego Abreu Martínez (Media buyer e auditor tecnolóxico de empresas en DIXOMEDIXOME).