© Copyright 2021. Todos los derechos reservados MrWolfango
A EFICIENCIA ENERXÉTICA, UN OBXECTIVO INAPRAZABLE DA HOSTALARÍA
1310
post-template-default,single,single-post,postid-1310,single-format-standard,bridge-core-3.0.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,side_area_uncovered_from_content,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-28.5,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.7.0,vc_responsive
 

A EFICIENCIA ENERXÉTICA, UN OBXECTIVO INAPRAZABLE DA HOSTALARÍA

A EFICIENCIA ENERXÉTICA, UN OBXECTIVO INAPRAZABLE DA HOSTALARÍA

Fernando Coutado, enxeñeiro e consultor enerxético, durante a acción formativa na sede de Hostalaria.gal.

A eficiencia enerxética protagonizou a terceira acción formativa da campaña “HOSTALARÍA COMPOSTELÁ SOSTIBLE”, promovida pola asociación empresarial Hostalaria.gal no marco do Plan de Sostibilidade Turística do Concello de Santiago. O encargado de disertar sobre un asunto de máxima actualidade foi Fernando Coutado Vila, enxeñeiro industrial especializado en enerxía e asesoramento técnico da empresa ESEDEGAL SL, e tamén auditor, certificador enerxético e formador en eficiencia enerxética.

A eficiencia enerxética, precisou Fernando Coutado, consiste en ofrecer o mesmo servizo ou produto ao tempo que se reduce o consumo. A súa intervención online definiu distintas vías polas que o sector da hostalaría, que ten localizados na climatización e nos equipamentos dos locais os seus maiores consumos, poden reducir os custos e mellorar a xestión dos activos enerxéticos.

A diagnose

O punto de partida de calquera actuación en materia enerxética debe ser a diagnose, que consiste en realizar un estudo mediante o que se obtén un coñecemento detallado sobre o consumo enerxético. Fernando Coutado, quen apuntou que actualmente hai una liña de subvención para a realización de diagnoses, enumerou os resultados que revela o proceso: “Saberemos como e onde se consume, entenderemos as variables enerxéticas que afectan ao consumo, identificaremos oportunidades de mellora e avanzaremos no uso eficiente dos activos enerxéticos e a redución de custos”.

Análise de consumos y gastos

O seguinte paso da estratexia definida por Fernando Coutado persegue identificar fontes de enerxía consumidas e entender como é a facturación e onde se pode actuar. No tocante á electricidade, os elementos que se teñen que coñecer da factura son o tipo de tarifa eléctrica, a potencia contratada e o prezo da enerxía.E aquí entra o papel do asesor enerxético: “Ata 10 kW pódese elixir entre estar no mercado regulado ou no mercado libre. As vantaxes do regulado son que non hai descontos trampa, os custos de mantemento ou doutro tipo e que non hai permanencia. No mercado libre, a comercializadora ofrece os seus prezos. Existen diferentes plans como prezo fixo, a tarifa plana ou as tarifas de luz por horas”, detalla o enxeñeiro de Esedegal.

Fernando Coutado advertiu contra as campañasde captación das comercializadoras: “Soen ser moi agresivas con supostos descontos e promocións. O punto negativo é que hai permanencia de 12 meses e soen engadir servizos de protección de electrodomésticos, de mantemento, seguros de pago, etc. E tamén acostuman a ter marxe comercial no custo da potencia”.

En resumo, as súas recomendacións en canto á facturación eléctrica son vixiar o vencemento do contrato, ter ollo coas ofertas e descontos e dispor de potencia e tarifa contratadas axeitadas.

Onde actuar?

O campo no que se pode actuar para acadar a eficiencia enerxética é moi amplo, como quedou convenientemente explicado na conferencia de Fernando Coutado. Empezando polos electrodomésticos eficientes (lavalouzas, fornos, frigoríficos e neveiras, cámaras frigoríficas e máquinas de vending), nos que houbo un cambio no etiquetado que implica unha oscilación do 15% en consumos en función da clasificación (desaparece a clase A***, A** e A* para ir do A ata o G).

As actuación deben incluír, ademais, a iluminación, o consumo de auga, a climatización e as enerxías renovables que se empreguen.

Previsións

Xa na quenda de preguntas, Fernando Coutado tivo que sacar a “bóla de cristal” para facer unha previsión: “Os prezos da enerxía estanse moderando nos dous últimos meses e a previsión é boa. Xa non é a bestialidade do ano pasado. Houbo gas en inverno, as renovables están funcionando e non foi a fin do mundo”.

En canto ao aforro que pode implicar para un consumidor medio actuar en eficiencia enerxética, Coutado indicou que “se tes mal a contratación,  un 10 ou 15% pódese aforrar”. E non só se trata de gastar menos na factura: “A seguridade é moi importante para axudar a tomar decisións. Se tes equipamentos ou climatización moi vellos aí esta o bono Peme. Podemos tramitar a subvención e coa renovación de equipos pódese chegar a un 15% de aforro”.

Por último, foi cuestionado sobre a elección entre prezo fixo ou variable. “Todo depende. Se consegues un bo prezo fixo e prefires pagar sempre o mesmo, por que non. Pero hai moitos produtos e pódese ter unha parte fixa e outra variable. Hai que analizar o consumo, ver en que horarios se gasta máis, e estudar que opcións che dan as comercializadoras”.



Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies