© Copyright 2021. Todos los derechos reservados MrWolfango
Fisela
690
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-690,bridge-core-3.0.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,side_area_uncovered_from_content,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-28.5,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.7.0,vc_responsive
 

Fisela

OFERTA PARA ASOCIADOS

Condicións especiais para as persoas asociadas de Hostalaria.gal

SOBRE A EMPRESA:

 

Esta asesoría conta cunha experiencia de máis de 40 anos (fundada no 1980) e está especializada no campo socio-laboral, xurídico, fiscal e contable, abarcando estas áreas na súa integridade.

Os nosos equipos técnicos e humanos están formados por abogados, economistas, graduados sociais, técnicos superiores en Xestión Administrativa, técnicos superiores en Administración e Finanzas, xestores administrativos, etc.

Representamos e defendemos os nosos clientes ante o SMAC e os Xulgados do Social, Inspeccións de Traballo e Facenda, Consellería de Traballo, etc., de xeito que a nosa presenza nestes organismos é case diaria.

Somos expertos en negociación con Sindicatos ou Comités de Empresa, negociamos e tramitamos Expedientes de Regulación de Emprego, asesoramos e confeccionamos Convenios Colectivos de Empresa ou ámbitos superiores, realizamos intermediacións en negociacións para a elección dos

representantes dos traballadores, etc.

Os nosos programas e sistemas informáticos están conectados e contan co apoio das bases de datos máis sofisticadas e actuais. Tamén estamos integrados no sistema RED (Remisión Electrónica de Documentos) da Seguridade Social; temos convenios subscritos cos distintos colexios profesionais e correos para o envío de burofaxes de xeito telemático e cifrado; realizamos o envío dos distintos impostos trimestrais e anuais de xeito telemático para evitar dilacións e problemas indebidos. Todo iso nos imprime unha dinámica e rapidez na xestión case inmediata.

O noso despacho está ubicado na Capital de Galicia e os nosos servizos profesionais abarcan a Comunidades Autónoma Galega. Se o asunto o requirise, desprazariamonos incluso por todo o territorio nacional.

Xestionamos máis de 300 empresas no campo socio laboral, xurídico, fiscal e contable. Con elas temos contratados servizos integrais ou parciais e, no caso do sector da hostalería, temos múltiples clientes tanto de bares, cafeterías ou restaurantes como de ocio nocturno, hoteis e casas rurais.

Enderezo

Rúa do Restollal, 15, 1° A 15702 - Santiago de Compostela

PERSOA DE CONTACTO:

-

CORREO ELECTRÓNICO:

clientes@asesoriafisela.com

TELÉFONO:

981 580 999

SITIO WEB:

REDES SOCIAIS:

Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies